Semana Santa Noia

A Semana Santa de Noia, desde fai tempo, está considerada como unha das máis importantes de Galicia. Cada ano prepárase e vívese con máis entusiasmo.

Esta tradición, da que se recoñecen vestixios escritos que remontan á celebración da Semana Santa dende o ano 1752 na nosa vila, fai que o pobo participe das seis procesións que as distintas Cofradías organizan, asistan ós actos litúrxicos e culturais e a visitar de forma devota os Monumentos e igrexas.

 

Seis procesións ten lugar nos vindeiros días

En realidade, a S.S. comenza coa novena e festa da Nª Srª dos Dolores que se celebra o venres anterior ó Domingo de Ramos con Misa cantada e Procesión que prepara a asociación máis antiga da parroquia, Cofradía dos Dolores.

O DOMINGO DE RAMOS: Celebraremos a bendición dos ramos e palmas no Cantón e con unha comitiva formada por 12 rapaces e rapazas vestidos de xudíos con palmas nas mans e a borriquita. Feita a bendición, solemnizada polo coro Allegro, márchase hacia a Parroquia cantando e alzando as palmas. Ó chegar celebrase a Misa coa igrexa repleta de fieis. Esta celebración organiza o grupo de Catequistas.

Ese mismo día, pola tarde, sale da igrexa conventual de San Francisco a procesión do PREGÓN DE SEMANA SANTA, hacia a Parroquia. É una procesión moi fermosa. Ademáis das imágenes da Virxen dos Dolores e Ecce Homo forman a comitiva multitud de xóvenes e non tan xóvenes que nos acercan aos distintos personaxes bíblicos: Abrahán, Isaac, Magdalena, Verónica, Samaritana, etc. Na igrexa parroquial ten lugar o pregón.

XOVES SANTO: Despois da Santa Cea co lavatorio dos pes, e colocado o Santísimo no monumento, sae a procesión chamada vulgarmente dos “Xudíos” porque o paso principal é un grupo formado por Xesús coa cruz a costas, Cireneo, Trompeteiro e 2 soldados azoutando a Xesús. Esta procesión organizada pola Cofradía do NAZARENO discurre polas principais rúas da vila: Cabe destacar aquí un novo paso procesional: Paso da EUCARISTÍA, propio desde día de Xoves Santo, e que é portado por nenos, dándolle así un protagonismo e una participación vistosa na procesión os cativos. Ó chegar á igrexa de santa María A Nova sale Nª Srª das Angustias que, despois de saludar a Xesús, segue a procesión.

O grupo da Adoración Nocturna invita a todos a participar na hora santa. Un grupo de Adoradores pasa toda a noite ante o Santísimo.

VENRES SANTO: As 10:30 todo preparado no Curro comenza o SANTO ENCONTRO que atrae a cantidade de devotos e turistas. As imáxenes parten da igrexa dos PP. Franciscanos acompañadas das autoridades civiles e militares. Terminado este emotivo encontro comenza una larga procesión de centos de devotos que pasando por diante da Casa Concello, recóllese en San Francisco. O Encontro e Procesión son organizados pola Orden Terceira.

Pola tardiña celébranse os Oficios en San Martín. O concluir a celebración da Morte do Señor, a Cofradía de Nª Srª dos DOLORES parte coa procesión do SANTO ENTERRO co santo Sepulcro e a Virxen da SOIDADE.

Non fai falta dicir que tanto nas celebracions litúrxicas como nas procesions participan miles de devotos con fe e devoción. Acompañan a banda de música municipal de Noia e grupos rexionales e de tambores.

SÁBADO SANTO na Vixilia Pascual coronase a Semana Santa coa festa da Pascua de Resurrección.

Agradecemos moito o traballo das cofradías que durante todo o ano traballan para ir confeccionando a Semana Santa. Asimesmo é impagable o traballo dos costaleiros e cofrades que viven e se esmeran na súa colaboración.

Invitamos a todos a participar nestas celebracións preparadas con tanto cariño polas cofradías, honrando a nosa fe e tamén a nosa vila de Noia.

Tres Cofradías de Semana Santa en Noia

* Cofradía dos Dolores

* Cofradía do Nazareno

* Tercera Orden Franciscana Seglar.