Peregrinación a Santiago

Apóstolo Santiago:

Como representante da peregrinación de noieses cábeme o honor de comparecer hoxe ante o teu altar, cerca do teu sepulcro, en representación dos peregrinos aquí presentes, e dos que ausentes físicamente, están hoxe connosco nesta xornada que eleximos para acercarnos a Compostela

Un acontecemento histórico vencella Noia con Santiago. Unha data salientable é o punto de partida da nosa camiñada. O 9 de abril do ano 1168, o rei Fernando II asinou a Carta Pobra, o documento no que establece que Noia sexa o Portus Apostoli. Dende esta importante data, as augas mansas do noso peirao convertéronse no punto da arribada da maior parte dos peregrinos que chegaban ata Compostela por mar.

Seguindo a mesma ruta das xentes do Medievo, aquela que empregaron no ano 1147 os integrantes da escuadra inglesa que, coas proas apuntadas cara á Terra Santa, camiñaron dende a vila de Noia ata esta cidade milenaria polo antigo Camiño Real, hoxe estamos aquí para certificar a existencia da ruta de peregrinaxe que unía as frías costas do Atlántico Norte con esta catedral que custodia o sartego de Santiago O Maior.

Tamén partimos do Portus Apostoli, coa intención de que esta peregrinación, polo antigo Camiño Real,que comunicaba a costa co Locus Sancti e convertido agora no noso

vieiro xacobeo, sexa o comezo dunha idea que nunca os veciños de Noia debemos esquecer e endexamais esqueceremos.

Animados por esta tarea acudimos a ti, Apóstol Santiago, porque como creentes sabemos que hai que conxugar perfectamente a laboura humana coa axuda do Alto. Pedimos que así como foches traballador nas arduas tareas do mar e que como amigo do Señor, respaldes a nosa plegaria.

Acudimos a Santa María, como o fixo o apóstolo Santiago, encontrámonos con ela, que nos alenta, nos reconforta e nos enche de ledicia. E fará que a nosa fe se propague firme e segura como aquela columna que lle entregou ao Apóstol á nai do Señor. Recémoslle coa liturxia: ¡Astro brillante de España, Apóstolo Santiago; o teu corpo descansa na paz; a tua gloria pervive entre nos! Aleluya. AMÉN.

 

Noia. Portus Apostoli. 7 de novembro de 2015

Párroco de Noia