Catequese

Para todo ser humano a familia ten dende sempre suma importancia. Nela nacemos, medramos, educámonos... tamén é nela onde se transmiten os valores éticos, morais, sociais e de coñecementos útiles para a vida.

As familias cristiás católicas contan coa axuda da comunidade que se concreta na parroquia e que debe aspirar a ser a gran familia dos fillos de Deus. Esta función vense desenvolvendo por medio da catequese parroquial que axuda a entender, celebrar e vivir a fe.

Chega polo tanto o momento de prepararnos ben, de disfrutar da catequese, de facer bos amigos, de coñecer máis e mellor a Xesús.

Non chega con que asistan a unha catequese para poder celebrar a festa da Primeira Comunión.

A pesares de que hai etapas como son a Primerira Comunión ou a Confirmación, non se debe asistir a catequese para facer a Comunión ou a Confirmación, senon para ir adquirindo o nivel de formación na fe que permita celebrar con gozo eses sacramentos coñecendo ben o seu significado e compromisos.

Por eso é preciso CONTINUAR ese longo proceso orientado a irse educando na fe, aprendendo unhas verdades e tamén procurando participar nas nosas celebracións, vivindo como verdadeiros cristiáns.

Dende a parroquia ofrecemos a nosa colaboración, queremos contar coa vosa e pedimos a forza do Espíritu.

Saudámosvos e quedamos a vosa disposición.

O párroco e os catequistas

 

NOTAS

HORARIO CATEQUESE: de 1º Primaria a 2º ESO -> 11:15 h.

MISA DAS FAMILIAS: domingos ás 12:00 h. (Agradecemos que os pais se senten nos bancos cos seus fillos para participar xuntos na celebración).

Colaboración Económica para adquirir os materiais: 7 € ( en caso de duda consultar coa directora de Catequese para aportar según cada situación familiar).

Os de 1º de Primaria aportan a vontade.