Candelaria

Con motivo da Candelaria, o 2 de febreiro tivo lugar, como de costume, na Igrexa Parroquial a bendición dos nenos e nenas bautizados no ano 2017 e a presentación á Santísima Virxe. Participaron un grupo moi numeroso nunha celebración preparada polo grupo de Pastoral Familiar e solemnizada polo Coro Parroquial.

Lectura do Santo Evanxeo segundo San Lucas

Cando chegou o tempo da purificación, conforme á Lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén, para presentalo ó Señor (pois así está escrito na Lei do Señor: todo varón primoxénito consagraredes ó Señor), e tamén para faceren unha ofrenda , conforme se di na Lei do Señor: Un par de rulas ou dous pombiños.

 

Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, tíñalle prometido que non había morrer sen velo Unxido do Señor.

 

Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para cumpriren o mandado pola Lei do Señor, él, colléndoo nos brazos, louvou a Deus dicindo:

 

- Agora podes, Señor, segundo a túa promesa, despedir en paz o teu servo, porque xa os meus ollos viron o teu Salvador, o que preparaches para tódolos pobos: luz de revelación para os xentís e gloria do teu pobo Israel.

 

O pai e maila nai do neno ficaron abraiados polo que tal dicía do neno. Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai:

 

- Mira, éste está disposto para a caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser bandeira de discusión; e a ti mesma unha espada hache atravesala alma: así ficarán descubertas as cavilacións de moitos corazóns. (…)

 

Cando remataron todo o ordenado pola Lei do Señor, volveron para Galilea, á vila de Nazaret. O neno ía medrando, forte e intelixente; e a gracia de Deus estaba con Él.

Palabra do Señor.